A FESTA DO FAROL

Preparámonos para a chegada do Inverno

A Festa do Farol

O pasado venres 11 de Novembro celebramos na nosa escola a Festa do Farol, na que nos divertimos muito rodeados das nosas familias e amigos. Coa luz do noso propio farol creado coas nosas mans con moitas ilusións, preparámonos para á chegada do Inverno nunha fermosa festa en contacto coa natureza.

Presentámosvos as instantáneas a modo de lembranzas das nosas vivencias no día de San Martiño, no que os nenos e as nenas de Infantil disfrutaron do Conto “A nena do Farol” e o alumnado de Primaria representou un teatriño.

 

Cando comezou a anoitecer acendimos os nosos farois, símbolo da nosa luz interior que estamos a descubrir e alimentar coa nosa aprendizaxe e creatividade. Durante o inverno necesitamos que esa luz nos guíe ate a chegada da primavera na que a luz do sol volta aumentar. Acompañados das nosas familias e dos compañeiros e compañeiras paseamos na escuridade do bosque e do xardín do noso colexio, guiados tan só pola luz dos farois, en silencio, descubrindo os bechos e fadas escondidos. De termos confianza en nós, a nosa luz interior guiaranos no noso camiñar.

Para finalizar, xuntámonos todas as persoas participantes e os neniños e neniñas cantaron fermosas cancións dedicadas ao día do farol, tan importante para a nosa Escola. 

Rematamos a festa cunha merendola e magosto. 

 

Esperámos que gustedes moito das fotografías. 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR