A FESTA DO FAROL

Venres 11 de Novembro

A Festa do Farol

O venres 11 de Novembro imos celebrar na nosa escola a Festa do Farol coa que nos ímos preparar para a chegada do Inverno, época na que percibimos a grande inspiración da terra, unha concentración da natureza.

Preparámonos para vivenciar as variacións e os seus contrastes: podemos sentir a chovia e ver coma o vento a leva de norte a sur, podemos desfrutar dun día caloroso, soleado e co ceo dun azul intenso mais tamén podemos admirar as noites máis frías que ata agora e cómo se anticipan cada día un pouco máis, mentres que o ceo escuro mostra con claridade estrelas cintilantes…

Todo iso acompañado do maxestuoso silencio favorece una maior consciencia dos fenómenos da natureza e permítenos entregarnos a unha atitude de recollemento, interiorización, cunha busca dentro de nós, se cadra a nosa propia luz interna.

Para celebrar a festa do Farol, estámonos a preparar dende fai unhas semanas con cancións, contos e a elaboración do noso propio farol que iluminara o camiño na escuridade e representa a nosa luz interior. A Festa do Farol basease na lenda de San Martiño que cubriu coa súa capa a un mendigo.

Ás 18.00 h. podedes escoitar o Conto da Nena do Farol para o alumnado e as súas familias do Xardín de Infancia.

Ás 18.15 h. a 2ª Clase ofrecerá un teatriño e todo o alumnado de Primaria ofrecerá dúas cancións.

Ás 18.30 h. o alumnado e as familias de Infantil e Primaria reuniranse na explanada diante do comedor.

Cando os farois alumen na escuridade, cada nena e neno coa súa familia irá camiñando en silencio pola ruta marcada cos farois do camiño.

O alumnado e as familias de secundaria reuniranse no pavillón.

Ao finalizar os percorridos reunirémonos todos en diante do comedor para pechar o percorrido e cantar as cancións do farol.

Finalmente ás 19.00 h. compartiremos unha merenda.

 

 

 

 

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR