CAMPAMENTO DE VERÁN 2016

Para nenos e nenas entre os 7 e os 15 anos

2 Abr · Diego · No Comments

CAMPAMENTO DE VERÁN 2016

Xa está aberto o prazo de inscripción para o Campamento de Verán da Escola Waldorf Meniñeiros. Se o teu fillo ten entre 7 e 15 anos, e queres que goce da fermosa experiencia de compartir actividades e obradoiros nun entorno natural privilexiado, e de forma integral, non o dubides: Inscríbeo xa!

O noso campamento

Dende o interese polo desenvolvemento integral do neno e a atención de tódalas súas necesidades, ofrecemos uns días de aprendizaxe e coñecemento a través da natureza, con diferentes actividades e obradoiros artísticos a partir da observación, o contacto e a experiencia directa co entorno. A deliciosa alimentación ecolóxica procedente da nosa granxa e a nosa horta, as nosas acolledoras instalación de madeira, os animais da granxa e un entonrno natural de grande beleza, formarán parte da experiecia do neno/a.

E todo isto nin grupo limitado de 30 nenos/as  (divididos por idades) acompañados por 8 monitores.

Comezo do campamento: día 26 de Xuño ás 18:00 h
Finalización do campamento: día 8 de Xullo ás 14:30 h
Cunha festa preparada polos nenos e nenas



Obradoiros Artísticos

Inglés a través da Arte

Practicaremos o Inglés a través de xogos, do canto, da poesía e do teatro, escenificando diversas situacións e anécdotas.

Barro/Madeira/Pedra/Lá

Experimentaremos estes materias dende o seu contacto, acercaremos a súa cor, textura e olor e traballaremos con eles con imaxinación e creatividade.

Pintura

Disfrutaremos do descubrimento da cor e pintaremos dende a observación do entorno (árbores, montañas, atardeceres, …)

Música/Danza

Estimulamos no neno/a o despertar do ritmo e do movemento a través de bailes, cancións e xogos con instrumentos musicais.

Teatro/Poesía

Descubriremos a experiencia da palabra e a narración a través de pequenos teatros e poemas.

Horta/Granxa

Coñeceremos as plantas do entorno, sementaremos, coidaremos e recolleremos as súas froitas.


Actividades


– Hípica

– Coidado dos animáis da granxa: cabalos, cabras, vacas, ovellas…

– Cultivo e recollida de prantas da horta

– Paseos ecolóxicos identificando prantas e animais do entorno

– Excursións á piscina e monumentos da zona

– Almorzos ó aire libre

– Xogos creativos

– Elaboración do pan e obradoiro de reposteria

– Observación das estrelas

– Lumes de Campamento

– Veladas nocturnas

– Festas de disfraces


 



Prazas

As prazas son limitadas e a admisión será por rigoroso orde de matrícula.
A praza quedará reservada ingresando 150€ (ou 125€ no caso de escoller o diario) no noso número de conta.

O importe restante (300€) abonaranse o día que comeza o Campamento.

Ademáis teredes que cumplimentar o formulario de inscripción e posteriormente enviar o xustificante do ingreso ó noso enderezo info@escuelawaldorf-lugo.org, ou o noso enderezo postal: Escuela Waldorf Meniñeiros, Lugar de Donas- Santa Marta, s/n, CP: 27299, Friol, Lugo.


Prezos

Campamento do 26 de Xuño ó 8 de Xullo 450€ (réxime completo)
Campamento diario (xantar incluído)
150€ de Luns a Venres ( de 10:00 a 19:30h)
200€ de Luns a Domingo ( de 10:00 a 19:30h)

 

Datos bancarios

Entidade: TRIODOS BANK

Número: 1491 0001 21 1008861021

Titular: FUNDACIÓN PEDAGÓXICA WALDORF



Formulario de inscripción

Nome dos pais (requerido)

Enderezo electrónico (requerido)

Nome do neno

Idade do neno

Data de nacemento do neno(requerido)

Enderezo

Modalidade de inscripción
Rexime completoDiario (luns a venres)Diario (luns a domingo)

Observacións sobre o neno

Observacións sobre a saude do neno (alerxias, medicacións, problemas nocturnos...)

Teléfono de contacto (requerido)

 

Qué necesita traer cada neno

Tarxeta da S. Social, saco de durmir, pixamas, calzado variado e cómodo, toallas, zapatillas de casa, panos de papel, calcetíns, pano de tea para a granxa, botas ou zapatos para camiñar, gorra, pequena mochila, chandal, bañador, camisetas, cantimplora, crema de protección solar, pantalóns (curtos e longos)
Por favor: A roupa debe de estar marcada co nome do neno/a

Tríptico coa información sobre o campamento


triptico a3


triptico a3



 

 

 

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR