CAMPAMENTO DE VERÁN

2 de Xullo a 14 de Xullo

CAMPAMENTO DE VERÁN 2017

 

CAMPAMENTO DE VERÁN 2017

 

Xa está aberto o prazo de inscripción para o Campamento de Verán da Escola Waldorf Meniñeiros. Se o teu fillo ten entre 7 e 16 anos, e queres que goce da fermosa experiencia de compartir actividades e obradoiros nun entorno natural privilexiado, e de forma integral, non o dubides: Inscríbeo xa!

 

O noso campamento

Dende o interese polo desenvolvemento integral do neno e a atención de tódalas súas necesidades, ofrecemos uns días de aprendizaxe e coñecemento a través da natureza, con diferentes actividades e obradoiros artísticos a partir da observación, o contacto e a experiencia directa co entorno. A deliciosa alimentación ecolóxica procedente da nosa granxa e a nosa horta, as nosas acolledoras instalacións de madeira, os animais da granxa e un entorno natural de grande beleza, formarán parte da experiencia don neno/a. E todo iso nun grupo limitado de 30 nenos/as acompañados de 8 monitores.

Comezo do campamento: día 2 de Xullo ás 18:00 h
Finalización do campamento: día 14 de Xullo ás 14:30 h
Cunha festa preparada polos nenos e nenas

 

 

Obradoiros Artísticos

  • INGLÉS A TRAVÉS DA ARTE Practicaremos inglés a través de xogos, do canto, da poesía e do teatro, escenificando diversas situacións e anécdotas.

  • BARRO/ MADEIRA/ PEDRA/ LÁ Experimentaremos estes materiais dende o seu contacto, acercarémonos a súa cor, textura e olor e traballaremos con eles con imaxinación e creatividade.

  • PINTURA Disfrutaremos do descubrimento da cor e pintaremos dende a observación do entorno (árbores, montañas, solpores…)

  • MÚSICA/ DANZA Estimularemos no neno/a o despertar do ritmo e do movemento a través de bailes, cancións e xogos con istrumentos musicais.

  • TEATRO / POESÍA Descubriremos a experiencia da palabra e a narración a través de pequenos teatros e poemas.

Obradoiros na Natureza

  • HÍPICA Montaremos a cabalo para beneficiarnos das facetas terapéuticas da hipoterapia a nivel cognitivos, comunicativo e de personalidade.

  • HORTA/ GRANXA Coñeceremos as plantas do entorno, sementaremos, coidaremos e recolleremos os seus froitos. Coidaremos os animais da granxa.

Obradoiros de Destrezas Físicas

  • CIRCO Teremos a oportunidade de voar nun trapecio, facer piruetas coma un acróbata e tirar obxetos ao aire como un malabarista.

  • PARKOUR Practicaremos “a arte do desprazamento” superando e adaptándonos ás esixencias dos posibles obstáculos coa axuda do movemento corporal.

 

Actividades

  • Hípica

  • Parkour

  • Deportes

  • Circo

  • Coidado dos animáis da granxa: cabalos, cabras, vacas, ovellas…

  • Cultivo e recollida de prantas da horta

  • Paseos ecolóxicos identificando prantas e animais do entorno

  • Excursións á piscina e monumentos da zona

  • Almorzos ó aire libre

  • Xogos creativos

  • Elaboración do pan e obradoiro de reposteria

  • Observación das estrelas

  • Lumes de Campamento

  • Veladas nocturnas

  • Festas de disfraces

Prazas

As prazas son limitadas e a admisión será por rigoroso orde de matrícula.
A praza quedará reservada ingresando 150€ (ou 125€ no caso de escoller o diario) no noso número de conta.

O importe restante (300€) abonaranse o día que comeza o Campamento.

Ademáis teredes que cumplimentar o formulario de inscripción e posteriormente enviar o xustificante do ingreso ó noso enderezo info@escuelawaldorf-lugo.org, ou o noso enderezo postal: Escuela Waldorf Meniñeiros, Lugar de Donas- Santa Marta, s/n, CP: 27299, Friol, Lugo.

 

Prezos

Campamento do 2 de Xullo ó 14 de Xullo 450€ (réxime completo)
Campamento diario (xantar incluído)
150€ de Luns a Venres ( de 10:00 a 19:30h)
200€ de Luns a Domingo ( de 10:00 a 19:30h)

 

Datos bancarios

ABANCA: 2080-0184-75-3040004998

Titular: FUNDACIÓN PEDAGÓXICA WALDORF

 

Nome dos pais (requerido)

Enderezo electrónico (requerido)

Nome do neno

Idade do neno

Data de nacemento do neno(requerido)

Enderezo

Modalidade de inscripción
Rexime completoDiario (luns a venres)Diario (luns a domingo)

Observacións sobre o neno

Observacións sobre a saude do neno (alerxias, medicacións, problemas nocturnos...)

Teléfono de contacto (requerido)

 

Qué necesita traer cada neno

Tarxeta da S. Social, saco de durmir, pixamas, calzado variado e cómodo, toallas, zapatillas de casa, panos de papel, calcetíns, pano de tea para a granxa, botas ou zapatos para camiñar, gorra, pequena mochila, chandal, bañador, camisetas, cantimplora, crema de protección solar, pantalóns (curtos e longos)
Por favor: A roupa debe de estar marcada co nome do neno/a

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR