FORMACIÓN EN PEDAGOXÍA WALDORF

As festas na Escola. O sentido e o significado das festas na pedagoxía Waldorf

Formación en Pedagogía Waldorf

VII Seminario Formación Pedagoxía Waldorf

 

11 e 12 de marzo de 2017

 

O VII Seminario de Formación en Pedagoxía Waldorf que tivo lugar nos días 11 e 12 de marzo, tivo unha dobre vertente: por un lado, tratouse o tema das Festas na pedagoxía Waldorf, afondando no seu sentido e significado e analizando a súa importancia no desenvolvemento anual dunha escola destas características; e por outro, realizáronse dous obradoiros de actividades prácticas concretas, un de Manualidades e outro de Euritmia, ambos cunha perspectiva que abordaba a relación destas actividades coa práctica educativa nunha escola Waldorf.

 

Para o desenvolvemento deste seminario, contamos coa presenza de Hermelinda Delgado (que tratou o tema das Festas e impartiu o obradoiro de Manualidades), e Chema García (que se encargou da parte de Euritmia).

 

Hermelinda Delgado analizou a importancia das Festas dentro do calendario anual dunha escola Waldorf a partir de diversos textos de R. Steiner, nomeadamente o titulado “As catro imaxinacións”, no que desenvolve diversos aspectos e cuestións a ter en conta á hora de comprendermos correctamente as distintas festas que se realizan durante o ano  e a relación das mesmas coa Natureza e o transcurso das estacións. Destacou como a Terra é un ser vivo, e como tal respira, con inspiracións e expiracións que marcan os ritmos dos diversos elementos que compoñen o planeta, e que ese ritmo marca tamén o transcorrer das festas anuais.

 

A importancia do profesorado à hora de manter e levar a cabo as festas é fundamental, pois, para evitar caer na rutina ou na ritualización das mesmas, é fundamental que se preparen con tempo suficiente, creando o estado de ánimo que corresponde a cada estación, e explicando o sentido profundo e transcendental das mesmas.

 

O ser humano sempre tivo, desde os seus comezos, a necesidade de celebrar os diferentes momentos polos que ia atravesando a súa vida, nun ciclo anual con solsticios e equinoccios nos que mostrar gratitude e satisfacción polos froitos que recibía da madre terra. A antroposofía ten como unha das súas virtualidades a capacidade para nos vincular novamente coa natureza e observar os fenómenos da mesma conectados con cada estación e co ritmo da Terra, como forma de conectarnos e re-ligarnos novamente coa Terra.

 

Para conseguirmos unha correcta celebración de cada unha das Festas do ciclo anual, é importante un traballo consciente e comprometido, que inclúe a preparación da mesma por parte do claustro de mestres e mestras, para facilitar a creación do estado de ánimo apropiado; a celebración en si, cos actos que cada unha delas requira; e a retrospectiva posterior, onde se analice o realizado, se tiren conclusións e se aproveite a experiencia para seguir avanzando.

 

Fóronse despois analizando as diversas Festas do ciclo anual, con mención da festa de Micael, Martiño, o Advento e a festa da Espiral, o Nadal, as Noites Santas, o Entroido, a Pascua, etc…

 

No obradoiro de Manualidades, Hermelinda Delgado explicou as formas de introducir a calceta e a agulla de gancho nas primeiras clases, e os traballos que resulta posíbel realizar, dedicando a tarde do sábado e parte da mañá do domingo a estas tarefas, dunha maneira completamente práctica.

 

Por último, Chema García realizou diversos exercicios de euritmia que nos permitiron seguir coñecendo mais en detalle esta disciplina, tan importante para un óptimo traballo co alumnado.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR