LINGUA E LITERATURA GALEGA

Secundaria no primeiro trimestre

25 Feb · Diego · No Comments

LINGUA E LITERATURA GALEGA

Durante o primeiro trimestre, os alumnos de secundaria fixeron un gran traballo na asignatura de Lingua e Literatura Galega

Na 7º clase, traballamos activamente a escoita e a fala mediante cancións, poemas, diálogos, e diversas historias, e dende aí chegamos os usos das diferentes partes da gramática. Así mesmo indagamos no campo semático da familia, o cal traballaron cun álbum de fotos creado por eles. Dende aí chegamos a vivenda, adentrándonos na construcción e partes da casas galegas ruráis, os materiais de construcción, dependencias… indagando nos nomes de cada unha delas, debuxandoa e nomeando cada elemento, para despóis facer un debuxo da casa onde cada un vivía.

Na 8º clase con motivo da celebración do farol, preparamos unha programación, para o cal previamente tiveron que saber que se ía facer en infantil, primaria e en secundaria. Fixeron un guión coas preguntas que lles querían facer os distintos mestres encargados de levar a cabo os preparativos. Logo cada un elaborou un deseño e presentou a súa programación.


Os alumnos de 9º e 10º clase de Secundaria, adentraronse na Idade Media, no reino de Galiza e viron coma na Compostela do século XII, xa había as condicións socioeconómicas e culturais  necesarias para que florecerá unha cultura trovadoresca.

Esta cultura apareceu cando a sociedade feudal, baseada na guerra e cunha economía de auto consumo, unha vez que alcanza a paz, producía excedentes que permitiu ós grandes señores vivir con luxo. Comenzando así a substituirse os exercicios da vida guerreira coma as xustas e os torneos por entretementos de salón de corte señorial.

Así Compostela, capital dos reinos cristiáns máis ocidentáis e afastada das frontes da guerra, e é o centro de peregrinaxe da Europa Medieval. Todo isto tamén permite un grande desenvolvemento cultural. Neste contorno nace o xénero literario que caracteriza en exclusiva a nosa literatura medieval: A cantiga de amigo.Outros dous tipos de cantigas completan esta producción literaria: as cantigas de amor e as de escarnio e maldicer. Os alumnos unha vez coñecido o contexto cultural, traballaron á vez coas cantigas de amor e de amigo para a través da palabra escrita, da súa  estructura formal, dos seus recursos estilísticos e da súa temática, deducir cales son as características propias de cada cantiga. Descubriendo os fenómenos culturais, formais, estilísticos, a través das palabras escritas.


NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR