MERCADIÑO DE NADAL

Xornada festiva en familia

Mercadiño de Nadal

Cada ano na Escola Waldorf Meniñeiros celebramos o tradicional Mercadiño de Nadal para dar a benvida aos festexos destas datas nunha xornada moi especial na que nos xuntamos nenos e nenas, mozos e mozas, país, nais e mestres.

É un día moi entrañable no que se recolle o froito de todo o traballo feito dende setembro. Abrimos as portas para que todo o que queira veña desfrutar das actuacións, talleres e exposicions didácticas.

É unha ocasión perfecta para dar a coñecer a nosa Escola polo que abrimos as nosas portas para que tódolos públicos poidan deleitarse coas actuacións, obradoiros e exposicións didácticas.

Este ano vivimos coas nosas familias, profes e amizades un día moi especial no que xogamos, rimos e actuamos acompañados dun sol radiante.

Todos os nenos e nenas da Escola cantamos panxoliñas para dar a benvida ás nosas familias e amigos e a dar paso ás nosas actuacións. Os máis pequenos pastorciños de 1º de Primaria xunto cos anxeliños de 2º de Primaria recitaron un poema navideño e cantaron unha simpática panxoliña.  Os nenos de 3º de Primaria deleitáronnos con baile hebreo “Tzadik katamar” no que demostraron as súas grandes cualidades. Os nenos de  4º de Primaria interpretaron un fermoso Teatrillo da Reina Gramática, cos seus cabaleiros e paxes. Os alumnos de 5º de Primaria ofreceron unha viaxe á India cheo de repartos equitativos con fraccións e decimais.

Os mozos e mozas de Secundaria demostraron as suas habilidades para a música e os idiomas interpretando o clásico Noite de Paz en inglés e a gran sorpresa dos compañeiros de 3º de ESO que xunto co seu titor ofrecéronnos un concerto con guitarras, baterías e moito humor creando a súa propia versión de Fix You de Coldplay.

Despois das brilantes actuacións de todos o alumnado, necesitamos repoñer forzas para seguir xogando e compartido cos compañeiros e gozamos dunha estupenda comida caseira en familia.

Pola tarde, os adultos interesados en coñecer a Escola puideron realizar unha visita guiada polas instalacións e asistir a unha conferencia para coñecer a nosa pedagoxía. Mentres as familias e amigos divertíronse nos obradoiros creando estrelas,  transparencias e coroas de advento, así como nos talleres culinarios nos que elaboraron pizzas e mazapáns.

Ademáis de tantas actividades tamén visitamos a Casa da Neve e o Mercado de Nadal para mercar bonitos xoguetes de madeira, adornos, libros e contos.  Tamén colgamos os nosos mellores desexos para o próximo ano na nosa árbore preferida. 

O ambiente estaba cargado de luces e cores, nenos e nenas xogando por todas partes, pais e nais, mestres e amigos compartíndo bonitas conversas.

Finalmente todos xuntos cantamos panxoliñas ao son da guitarra de Paul Baker e acompañados por Chiruca e Sissi que animaron a festa co súa voz e o seu sorriso.

Non podíamos terminar unha xornada tan completa sen un rico chocolate con churros para quentármonos ao chegar o fresquiño da noite.

Invitámosvos a desfrutar das fotos para recordar o máxico Mercadiño de Nadal deste curso.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR