MERCADIÑO DE PRIMAVERA

Mercadiño de Primavera

O pasado sábado a Escola Waldorf Meniñeiros lucía esplendorosa nunha nova edición do Mercadiño de Primavera. Os raios do sol  acompañáronnos nunha estupenda xornada na que familias, mestres e amigos xunto cos nenos e nenas da escola desfrutamos de bonitas conversas, agradables sorrisos e divertidos xogos.

 

Durante a mañá os nenos e nenas da Escola regaláronnos unhas divertidas e orixinais obras de teatro:

 

Os nenos e nenas de Primeira Clase representaron A Bela durminte.

 

Os nenos e nenas Segunda Clase escenificaron San Francisco e o lobo.

 

Os nenos e nenas de Terceira Clase realizaron un Teatriño das operacións aritméticas.

 

Os nenos e nenas de Cuarta Clase interpretaron Balder, o deus da luz.

 

Os nenos e nenas de Quinta Clase representaron O Mago de Oz.

 

Os nenos e nenas de Sexta Clase interpretaron O homiño gris.

Os rapaces e rapazas de Oitava Clase personificaron As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares.

 

Despois degustamos os deliciosos pratos caseiros que con moito mimo prepararon os pais e nais xunto cos mestres para repoñer forzas para seguir coa festa. Pola tarde fixemos bolboretas de lá, flores de papel de seda e mandalas de fíos nos obradoiros.

 

A Escola estaba fermosa e chea de xente que asistiu á visita guiada e a rolda de preguntas e coloquio.

 

Finalmente, tivo lugar a entrega de premios do I Certame Literario de Poesía e Relato Curto e o Sorteo duns fermosos gravados feitos polos alumnos de Décima Clase para recaudar fondos para as viaxes de estudos.

 

Para pechar a xornada os nenos e nesas de secundaria cantaron xunto co seu titor e todos nos despedimos entre sorrisos e aplausos.

 

Convidamosvos a desfrutar das fermosas instantáneas:

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR