NADAL EN MENIÑEIROS

As nosas vivenzas de Nadal

NADAL EN MENIÑEIROS

Cada ano na Escola Waldorf Meniñeiros celebramos o Nadal con moito cariño e entusiasmo e nesta nova entrada do blog queremos contarvos como o vivimos este ano.

  •  O MERCADIÑO DE NADAL

O pasado sábado 16 de decembro celebramos o noso tradicional Mercadiño de Nadal para dar a benvida aos festexos de Nadal cunha fermosa e familiar xornada  na que os nenos sorprenderon ás familias coas súas actuacións. É un día moi especial para a nosa Escola xa que abrimos as portas a tódolos  públicos e tanto os nenos e nenas, mozos e mozas, pais, nais, mestres, familias e novos amigos que se achegan a Meniñeiros cantamos, rimos, comemos, falamos e divertímonos moito xuntos como unha gran familia. Nesta data tan especial tamén gozamos dos obradoiros e das exposicións didácticas que brindan a oportunidade de coñecer o funcionamento da Escola e da nosa pedagoxía, en cada recuncho da escola percíbese todo o gran traballo feito dende setembro.

Todos os nenos e nenas da Escola cantamos panxoliñas para dar a benvida ás nosas familias e amigos e para dar paso ás actuacións.

Os nenos e nenas  de 1º e 2º de Primaria deleitáronnos co fermoso “Poema das letras”.  Os nenos de 3º de Primaria representaron o “Teatrillo da horta alegre” onde cultivaron cenorias, ravos, leitugas e o gran sorriso do público. Os nenos de  4º de Primaria interpretaron unha entrañable obra de teatro “Los pastorcillos reciben la llamada del Ángel” e ao redor do lume transmitiron a súa calidez a tódolos públicos.  Os alumnos de 5º de Primaria ofreceron unha viaxe ao Antigo Exipto representando “Osiris” cun sarcófago incluído.  Finalmente, os nenos de 6º de Primaria representaron a súa versión de “Don Quijote de la Mancha”. Por outra parte entre os alumnos de Secundaria da Escola: os mozos e mozas de 1º e 2º de ESO sorprenderon ao público recitando “La canción del pirata” de Espronceda.  Os compañeiros de 3º da ESO demostraron as súas habilidades para os idiomas facendo rir a grandes e pequenos co poema en inglés “The house that Jack built”.  O colofón ás fermosas actuacións o fixeron as alumnas de violín coa súa profe de música Gema interpretando “Sleeping tune” e “Say something” para rematar co clásico “Stand by me” interpretado polos alumnos de secundaria que deixou ao público encantado. 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Despois das resplandecentes actuacións de todo o alumnado, necesitamos repoñer forzas para seguir xogando e compartido cos compañeiros e gozamos dunha estupenda comida caseira en familia.

Pola tarde, os adultos interesados en coñecer a Escola puideron realizar unha visita guiada polas instalacións e asistir a unha conferencia para coñecer a nosa pedagoxía. Mentres as familias e amigos divertíronse nos obradoiros de adornos de Nadal e pizzas.  

Ademais de tantas actividades tamén visitamos o Mercado de Nadal para mercar bonitos xoguetes de madeira, adornos, libros e contos.

Tamén contamos cunha bonita cafetería e entre café e té, doce e doce alumados polas luces e cores de Nadal, os nenos e nenas xogaban mentres os pais e nais, mestres e amigos compartían bonitas conversas.

Finalmente todos xuntos cantamos panxoliñas e saboreamos un rico chocolate con churros para quentármonos ao chegar o fresquiño da noite.

  • A VISITA Á RESIDENCIA DAS GÁNDARAS

 

A época do Nadal é unha época para festexar e compartir as tradicións da nosa cultura en familia e  transmitir a importancia de dar e recibir amor, de ser solidarios, de alimentar ao espírito e desfrutar das pequenas cousas da vida, que en realidade, convértense no mellor agasallo  que podemos ofrecer aos nosos seres queridos.

O día 19 de decembro e na última semana do curso, previa ás festas de Nadal, os alumnos de Secundaria da Escola Waldorf visitamos de novo aos nosos queridos amigos da Terceira Idade e visitamos o Centro de Atención a Persoas Maiores de As Gándaras para compartir con eles o noso tempo. Os agasallamos con fermosas panxoliñas, poemas e trucos de maxia e finalmente unha feliz sobremesa na cafetaría chea de historietas, xogos de mesa e refrescos. Foi unha experiencia inesquecible que nos axuda a madurar, medrar e sentirnos moi felices.

  • COMPARTINDO PANXOLIÑAS COS NOSOS VECIÑOS

 

O día 20 de decembro xuntámonos todos os alumnos e mestres da Escola para facer un roteiro polo pobo de Santa Marta en Friol e agasallar aos nosos queridos veciños coas nosas fermosas panxoliñas  e transmitirlles o ledos que estamos de que se achegue a data do Nadal. Os nenos máis pequeniños fixeron ricos doces que compartimos con moito amor cos nosos amigos.

       

  • TRUCOS DE MAXIA E ACTUACIÓNS MUSICAIS DOS NENOS DE SECUNDARIA PARA OS DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Os alumnos de Secundaria sorprenderon aos nenos e nenas do cole cunha actuación especial de Nadal chea de maxia e música.

 

 

 

 

  • PANXOLIÑAS DE NADAL NA PRAZA MAIOR DE LUGO PARA DAR A BENVIDA AO NADAL

 

Ao seguinte día todos os alumnos de Primaria e Secundaria actuamos na Praza Maior de Lugo e cantamos panxoliñas que estivemos preparando conxuntamente con moito cariño e esforzo.   Coa compañía das guitarras, arpas e frautas e baixo a atenta mirada dos nosos familiares, amigos e os ledos viandantes gozamos moito e pechamos o primeiro trimestre na Escola para dar a benvida ás esperadas vacacións.   

Invitámosvos a desfrutar das fotos para recordar o máxico do noso Nadal en Meniñeiros.

NUESTRA ESCUELA

La Escuela Waldorf Meniñeiros es un centro educativo para infantil, primaria y secundaria en un entorno natural privilegiado.

Organizamos campamentos, mercadillos, actividades extraescolares, e impartimos cursos de formación en pedagogía Waldorf.

CONTACTO

Secretaría:

Tfno: 600 290 134
E-mail: secretariaescoladonas@gmail.com


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies